martes, 16 de agosto de 2011

Serea con gafas de sol





Paideleo do blog "Leoeosseus" envioume esta serea tan divertida.

Dime así no seu correo:

"En Sardiñeiro estiven de vacacións e mirando a "Serea con gafas de sol" ( como di Leo) lembreime de ti. Non é especialmente bonita pero o sitio paga a pena. Está pintada nunha barca dun restaurante chamado " El merendero " que ten unhas boas vistas da praia de Sardiñeiro.
Mándocha para a túa colección."

Decirvos que Leo e o fillo de Paideleo, pero fai pouquiño que aumentou a familia cunha pequerrecha ben bonitiña que se chama Xela.

Biquiños a todos e moitas gracias.


1 comentario:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.